Entradas 2021

Entradas esgotadas! Grazas pola vosa confianza. Vémonos en San Simón!

Este ano as entradas de Sinsal SON Estrella Galicia poderanse adquirir, por separado, para cada xornada. Serán entradas individuais, xa que non haberá abono, mais non será a única novidade: cada banda e artista participante ofrecerá un único concerto nesta edición, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao anterior! 

Cada ticket incluirá, ademais do acceso aos concertos secretos na illa de San Simón, o transporte en barco até a mesma desde o litoral. 

Estableceranse diferentes prezos en función da idade e embarcadoiro de saída. No caso de Vigo, o ticket inclúe cada xornada un concerto extra!

Vigo (Porto): 43€ + gastos de xestión,
Meirande (Centro Interpretación Rande): 38€ + gastos de xestión.

No caso dos dous portos, as entradas para menores de 16 anos ou que teñan esa idade no momento de celebración do festival terán un prezo de 20 € + gastos de xestión. 

 

Horarios e saídas dos barcos

Os barcos de Vigo sairán do porto (pantalán num. 3 atraque 5), mentres que os de Meirande sairán do Centro de Interpretación de Rande
 

DataEmbarcadoiroPrezo adultosPrezo menores 16
Venres 23Vigo (16.00 - 22.30h)43€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)
Venres 23Meirande (17.10-21.45h)38€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)
Sábado 24Vigo (16.00 - 22.30h)43€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)
Sábado 24Meirande (17.10-21.45h)38€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)
Domingo 25Vigo (14.00 - 20.30h)43€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)
Domingo 25Meirande (15.15-19.45h)38€ (+ gastos xestión)20€  (+ gastos xestión)