(Galego) Cashless en Sinsal SON Estrella Galicia #MuseodoMar

Sorry, this entry is only available in Galician. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

O sábado 6 de outubro no Festival Sinsal SON Estrella Galicia en Vigo (Museo do Mar de Galicia) entregaremos unha pulseira cashless a todas as persoas que queirades consumir nos postos de bebida, gastro e merchandising. Unha pulseira que podedes cargar alí mesmo. Por favor, presta atención:

Coa vosa entrada recibides unha pulseira de Sinsal SON Estrella Galicia de acceso aos concertos de pago. Para consumir comida ou bebida no festival, haberá unha pulseira distinta que podedes cargar con tarxeta bancaria ou efectivo na oficina do festival. A pulseira de consumo é o único medio para todas aquelas persoas que, vala a redundancia, consuman nos postos do festival. Será o mesmo sistema para todos: para quen veña disfrutar do festival aberto e para quen, ademais, teña entrada dos concertos de pago. Don´t panic! Seguramente xa o coñeces doutros festivais, é un sistema sinxelo e rápido.

-Non tiredes as pulseiras ao rematar o festival, ides precisar o código se queredes solicitar devolución de cartos. Está na parte traseira do chip. A partir do luns 8 ás 12h e até o luns 15 á mesma hora, a través da páxina do festival podedes solicitar a devolución. Ollo, se operades cunha conta estranxeira, o importe mínimo para solicitar devolución é de 3,50 euros.

-Para consultas técnicas (tales como non atopo a miña entrada no correo ou non recibo un mail de confirmación) aconsellámosvos, para axilizar, que vos comuniquedes co correo que o provedor do servizo pon á nosa disposición: ventas@enterticket.es. En calquera caso, o formulario web en http://www.festival.sins.al/ está ao voso dispor e intentamos resolver as vosas consultas o máis rápido posible.