(Galego) Actividades Sinsal SON Estrella Galicia: fóra do escenario 2018

Sorry, this entry is only available in Galician and European Spanish. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Alén do que poderás escoitar e ver nos 4 escenarios musicais de Sinsal SON Estrella Galicia 2018, toma nota do que atoparás fóra deles:

Zona intermareal
Con Facultade de Belas Artes, Campus CREA S2i ,Universidade de Vigo
dsinθ=mΛ
dsinθ=(m+1/2)Λ
video- instalación, 2018, Noa Rodríguez
Opera IRL en tempos URL
Acción sonora, 2017 (versión adaptada 2018), Cristian Benítez
Xoves 26 xullo, 18:30 e 20:30

Encontro aberto con xornalistas e festivais
Participan: Michael Rosen (Digital in Berlin) Matjaz Mancek, (Festival de Ment en Ljubljana, Eslovenia), Katy Lema (Miss Festivales, El País) e Chu Charles (Promotor Asía-Europa). Con AC/E a través do programa PICE.

Espazo: Escenario Miradoiro Platú
Venres 27 xullo, 19:30

Andainas Sinsal SON Estrella Galicia
Adentrarnos na Illa de San Simón, na súa paisaxe, arquitectura, historia e contorna. Coordinación: Iria Vázquez
Prazas esgotadas
Sábado 28 e domingo 29 xullo, 14:00

Laboratorio de sal con Arte y Garabato*
“Debuxar un labirinto con sal é como seguir un rastro da miña memoria”, di o artista xaponés Motoi Yamamoto. Experimentar con sal, explorar as posibilidades gráficas e rematar cun ritual que nos vincula tamén á memoria histórica da illa.
Prazas: 20. A partir de 4 anos
Espazo: Entre a Capela e a Casa da Cultura de San Simón
Inscrición gratuíta: oficina do festival
Sábado 28 e domingo 29 xullo, 15:00

Sistema Lupo en Sinsal SON Estrella Galicia *
“Deseño e construción do escenario familiar”
En grupos de traballo o obxectivo é construír cos Palitroques ao longo da tarde un escenario familiar para o festival e que nenas e nenos imaxinen a súa escenografía favorita.
Prazas: 20. Todas as idades a partir de 3 anos. Non é necesaria inscrición previa.
Espazo: Campo de froiteiras
Sábado 28 xullo, 15:00
“Obradoiros de xeometría construída. Bloques e palitroques”
Na procura da participación e tarefa en equipo, un taller para descubrir estes sistemas modulares e todas as posibilidades creativas combinando as súas pezas rectas e curvas. Con área de xogo libre de cero a catro anos. Sen inscrición previa.
Espazo: Campo de froiteiras
Domingo 29 xullo, 15:00-18:00 (Cada hora)
“Estruturas flotantes” (sempre que o tempo o permita)
Son tan lixeiras que cuns kaiaks poden botarse ao mar e darlleá ría novas formas e cores. Botaremos as fabricadas o día anterior.
Prazas: 12 por sesión. Todas as idades a partir de 3 anos.
Espazo: Zona kaiak
Domingo 29 xullo, 15:00-18:00 (Cada hora)
“Obradoiro de bioconstrución”.
Con auga, arxila, palla, o sol e os moldes Lupo podemos montar a nosa arquitectura festivaleira. Imos mancharnos, mellor chanclas e bañador.
Prazas: 15. A partir de 5 anos
Espazo: Área entre cemiterio e museo. Illa de San Antón
Duración: 2 horas
Domingo 29 xullo, dúas sesións 15:00 e 17:00

Escola de kaiak*
Prezo: 3 euros
Inscrición na oficina do festival. Actividade suxeita ás condicións climatolóxicas.
Domingo 29 de xullo, 15:00-17:00

5 pistas para distinguir un viño dun xeranio. Cata con Galicia.wine
Pensas que os taninos son unha raza de cans? Ou cando che falan de acidez no viño metes un almax no bolso? Jorge Vila de Galicia.wine dáche cinco pistas para gozar máis dunha copa de viño, non son necesarios coñecementos previos para participar nesta cata iniciática cos 3 viños de Adegas Terrae: Rías Baixas, Ribeiro e Ribeira Sacra.
Prazas: 25 por sesión
Prezo: 3 euros
Duración: 45 minutos
Espazo: Cafetería da illa
Inscrición na oficina do festival
Sábado 28 xullo, 15:00, 17:00
Domingo 29 xullo: 14:00, 16:00

Performance colectiva con Arte y Garabato*
Baseada na obra da artista brasileira Lygia Pape. Unha sábana xigante e a apropiación do espazo público por parte da xente. Unha experiencia itinerante, entre as dúas illas: San Simón e San Antón.
2 grupos. A partir de 6 anos.
Grupo 1 con punto de partida na área de desembarque Illa de San Simón, 18:00
Grupo 2 con saída da Illa de San Antón, 18:30
Prazas: 35 por grupo
Inscrición gratuíta na oficina do festival
Sábado 28 e domingo 29 xullo a partir das 18:00

Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski
Músicos e poetas deixarán rexistro nos cilindros de cera do británico Aleksander Kolwoski, compositor, violinista e investigador promotor do arquivo Phonographies. Con Acción Cultural Española (AC/E) a través do programa PICE
Xoves 26 a domingo 29 xullo

*Orientadas especialmente para nenas, nenos, familias.