(Galego) Á venda os abonos Sinsal Son Estrella Galicia 2016

Sorry, this entry is only available in Galician and European Spanish. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in this site default language. You may click one of the links to switch the site language to another available language.

Vas ir só un día ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia? Estás seguro? Bótalle un ollo aos abonos para 3 e 2 días que se poñen á venda a partir do 1 de abril a través da web do festival e da plataforma ticketea.  Se estás entre os 100 primeiros compradores, podes obter un bono para os días 22, 23 e 24 de xullo por 90 euros.  Ten en conta que o venres 22 contaremos con 5 concertos en directo, o sábado 23 con 8 e domingo 24, tamén 8, 2 deles do cartel do sábado. Ademais na fin de semana actividades para o público familiar.

Tamén podes optar por ir dous días. Se queres, venres 22 e sábado 23 ou se prefires venres 22 e domingo 24. Nese caso, os abonos teñen un  prezo de saída de 55 euros para os primeiros cen compradores.  Tamén hai abonos a un prezo moi especial de 3 e 2 días para menores de 16 anos (incluídos). Os máis novos poden asistir os 3 días ao festival por 20 euros. Lembrade que sempre acompañados dalgunha persoa adulta.

Non só incorporamos en 2016 a novedade do bono de 3 días, senón que teremos dous puntos de embarque para a Illa de San Simón (Redondela): Museo de Meirande (Redondela) e Estación Marítima de Vigo. E, ollo, atención ao bono camping. Si, en 2016 podedes adquirir un bono de 3 ou 2 días con durmida no camping Cesantes e transporte directo en lancha ao festival. Si, se sodes campistas, chegaredes en 5 minutos á illa desde a Praia de Cesantes.

No Festival Sinsal Son Estrella Galicia 2016 na Illa de San Simón (Redondela) estamos empeñados en que non te quedes sen vir e que non perdas nada do que podas arrepentirte despois.