Si, en goleta e só na xornada do sábado 23 de xullo. En 2016 chegamos a un acordo coa empresa Bluscus Turismo Mariñero para poñer en marcha unha nova experiencia #SinsalSonEG. A goleta parte da Estación Martítima de Vigo (ao final do pantalán 4) o sábado 23 de xullo ás 11:30. A capacidade máxima da goleta é de 40 persoas, así que bulide se queredes vivir esta travesía.

O pack goleta, que podedes adquirir en ticketea, ten dúas modalidades. A primeira inclúe entrada do festival, navegación a bordo dunha goleta até a Illa de San Simón ida e volta, sesión DJ, degustación a bordo ida e volta e dereito a 2 consumicións. O prezo é de 75 euros.

No caso de que xa adquiriras a túa entrada ou bono para sábado 23 no Sinsal Son Estrella Galicia, o prezo é de 30 euros incluíndo os mesmos servizos.