Desde a organización do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, agradecemos que nos axudedes a mellorar. Con este motivo convidámosvos a participar na nosa enquisa de satisfacción. Unha batería de preguntas sobre o festival na que se vos anima a opinar, calificar e facer suxestións. Queremos coñecer mellor ao noso público e, sobre todo, queremos que a experiencia no festival sexa cada ano máis satisfactoria.

Responder á enquisa non leva máis de cinco minutos e para o equipo do Sinsal Son Estrella Galicia a información resultará moi valiosa. Ademais queremos incentivarvos a valorar o festival sorteando entre todas as persoas que cubrades o formulario dous packs SinsalSonEG (camiseta, bolsa, os tres vasos da pasada edición, unha libreta e unha postal sonora), e dous packs Son Estrella Galicia (camiseta, bolsa e tres singles, un elepé e un libro da colección SONEG).

Aquí atoparás a enquisa:

Enquisa Sinsal Son Estrella Galicia 2016

Desde Sinsal Son Estrella Galicia agradecemos moitísimo a vosa colaboración