Que é

Sinsal Son Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa, que en 2017 ten lugar do 21 ao 23 de xullo. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada. A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai de Sinsal Son Estrella Galicia un novo modelo de festival é o cartel secreto. Liches ben, si. O público non coñece o nome dos artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias dos cinco continentes, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia foi gañador do Premio Fest 2015 ao Mellor Festival de Formato Pequeno. Na edición 2017 dos Iberian Festival Awards recibiu os premios ao mellor programa cultural e mellor activación de marca con New Balance.

O cartel

O cartel do Festival Sinsal Son Estrella Galicia é secreto. O público non coñece que grupos vai ver até que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar a artistas que inician a súa carreira musical ou demostraran unha grande conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsal, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.

O groso da programación componse de artistas que xiran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal Son Estrella Galicia é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis alá de nomes concretos.

Como chegar

A única maneira de chegar ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) é nos barcos fletados pola propia organización. O prezo do barco está incluído xa na entrada ao festival.

Contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Museo de Meirande (Redondela). Á hora de mercar o bono ou entrada do Sinsal Son Estrella Galicia 2017 poderás escoller o porto de saída. A viaxe desde Vigo á Illa de San Simón ten unha duración de 1 hora e desde Meirande 25 minutos.

Escolle a mellor opción en función do teu punto de partida e do teu medio de transporte. Meirande conta cunha ampla zona de aparcadoiro gratuíto.

O Festival Sinsal Son Estrella Galicia ten acordos con Iberia, que ofrece descontos nos traxectos se vés ao festival.

A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos para Cangas, Moaña e Illas Cíes.

O Museo de Meirande (Redondela) está localizado no Estreito de Rande, antigua Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. A continuación explicámosche como chegar:

Como chegar a Meirande:

a) Pola AP9 desde Pontevedra:
1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

b) Desde Vigo:
1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

c) Desde Redondela:
1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

Transporte

Publicaremos toda a info moi pronto. ¡Permanece atento!

Aloxamento

Publicaremos toda a info moi pronto. ¡Permanece atento!

Servizos

No Festival Sinsal Son Estrella Galicia atoparedes unha ampla e deliciosa oferta gastronómica. Hai comida vexetariana e a oferta inclúe tamén opcións veganas e alternativas para persoas celíacas. Na semana previa ao festival publicaremos todos os menús e os diferentes prezos en 2017.
Tal e como se fai noutras illas protexidas –Ons ou Cíes– solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto. Está permitido levar comida e bebida sen alcool.
Na illa atoparás bares nos que poder tomarte unha cervexa Estrella Galicia, refrescos sen alcohol e deliciosos coctails.
A oficina do festival conta cun servizo de obxectos perdidos e de gardarroupa.
Se tes mobilidade reducida, non deixes de vir ao festival. Tanto nos barcos como na illa estamos preparados para recibirte.

Actividades

Ademais do programa de concertos que se desenvolve durante os tres días, o Festival Sinsal Son Estrella Galicia propon outras actividades ao público aproveitando a experiencia diurna nun espazo único.
En anteriores edicións as propostas paralelas do festival incluíron charlas e encontros, mostras de proxectos tecnolóxicos, obradoiros de videoclip e DJ, paseos en kayak, xogos populares para os máis pequenos, teatro, etc, así como algunas actividades que viñeron da man dos nosos patrocinadores.
Estamos traballando nunha proposta de actividades que redondee a vosa experiencia no festival e da que vos iremos informaremos a medida que se acheguen as datas do festival en 2017.

Edicións anteriores

El Guincho / Dan Deacon / Pegamonstro / We are match / Rangda / Marc Jonson / Eska / Matías Aguayo / Ryley Walker / Juana Molina / Ala.ni / Extraperlo / Sons of Kemet / Joan Miquel Oliver / Malandrómeda / Bixiga 70 / Domenique Dumont / Islam Chipsy / Nicolás Pastoriza / B Fachada / Best Boy / Skylar Gudasz

Sen Senra / Michael Rother / Maika Makowski / Jolie Holland / Champs / All We Are / Owen Pallet / The Paradise Bangkok Molam International Band / Deerhoof / Astro / Chancha Vía Circuito / Sumrrá / THEESatisfaction / Camila Moreno

Throwing Shade / Xenia Rubinos / Oso Leone / Jagwa Music / Frikstailers / Bel Bee Bee / Jambinai / Chelsea Wolfe / Ginger & The Ghost / Jacco Gardner / Blam De Lam / Wire / Mdou Moctar / Why Go / Apenino / Caspervek / Trilitrate

Caxade / Triángulo de Amor Bizarro / Germán Díaz / Le Parody / Gravenhurst / Baden Baden / Stealing Sheep / Denis Jones / Lucía Riveiros / Rafa Yebra / Miniaturas de Granell

Hoquets / L´Enfance Rouge / Al-Madar / Maïa Vidal / Alela Diane / Christian Kjellvander / Aries / Nite Jewel / Unicornibot / Alt-J / Shangaan Electro

Bflecha / 2uS / Mwëslee / Jane Joyd / Wooden Wand / Buke and Gass / Múrmel Bruxas / The Marzipan Man / The Kellies / Fat 32 / Laetitia Velma / Secret Chiefs