• Sábado 7 setembro
    • Rocío Márquez

      Rocío Márquez

      |
      Sinalada pola prensa como “a voz da nova xeración do cante jondo”, Rocío Márquez (Huelva, 1985) leva máis dunha década, desde que en 2008 gañara a “Lámpara Minera” do Festival Internacional del Cante de las Minas (La Unión, Murcia), quizais o festival de flamenco máis importante do mundo. A carreira de Rocío Márquez traspasa xa o panorama flamenco, no que é un claro referente e figura consolidada. Chega ao Museo do Mar de Galicia co traballo "Visto en El Jueves".

      Ver e escoitar Luz de Luna
    • Y La Bamba

      Y La Bamba

      |
      Y La Bamba é a banda asentada en Portland que lidera a cantante e compositora Luz Elena Mendoza, de ascendencia mexicana. En 2016 o seu album Ojos del Sol integrou a listaxe dos cincuenta mellores traballaos do ano, segundo a emisora de radio pública estadounidense NPR; o seu último disco, o quinto, titúlase “Mujeres” e nel explora o que significa ser muller mexico-norteamericana. Historias de pasado e de futuro que, dalgún xeito, todos levamos dentro. A música, para Mendoza, é emoción.

      "Mujeres": Y La Bamba en directo en KEXP
    • FAIA

      FAIA

      |
      FAIA é parte dun dos fenómenos musicais de Galicia no século vinte e un, que se chama  De Vacas. Un grupo de mulleres artistas que con moito talento e humor traducen nunha nova sensibilidade os grandes éxitos comerciais da música. Tamén parte do Coro Encaixe, unha agrupación renovadora no concepto coro. Pero, ademais, 2019 é o ano no que FAIA desenvolve o seu propio proxecto: Ao cabo leirín. O seu primeiro disco -ela di que é máis un proceso e unha investigación que un disco- no que contou co apoio na gravación do Hevi, ou o que é o mesmo Malandrómeda, outro dos fenómenos da música galega deste século, e que conta co deseño de Roi Fernández. Estamos convencidas de que este proxecto, no que a artista explora os cantos tradicionais transmitidos pola voz das mulleres, é unha grandísima noticia para a música no noso país.

      Ver e escoitar a FAIA en Vinte
    • Mary Lattimore

      Mary Lattimore

      |
      A compositora e investigadora Mary Lattimore, nacida en 1980 e residente en Los Ángeles, California, toca a harpa desde os once anos. Formada na música clásica, ámbito no que a súa nai destacou co mesmo instrumento, en 2005 trasládase a Filadelfia, lugar no que explora as posibilidades do instrumento na música contemporánea e no indie rock. Acompañando a Arcade Fire descubre novos horizontes para a harpa -ela toca as partes de harpa do tema “In the Backseat, do album debut da banda Funeral-. En  2014 recibe unha bolsa do prestixioso Pew Center for Arts & Heritage (Filadelfia), da que ela mesma di que lle cambia a vida, permitíndolle deixar unha chea de traballos a tempo parcial para poder dedicarse á investigación da harpa. Lattimore incorpora novas técnicas e tecnoloxía á interpretación musical, creando relatos e paisaxes que, no directo, revelan a maxia impresionista da harpa. Colabora con artistas como Steve Gunn, Sharon van Etten, Kurt Vile ou Thurston Moore.

      Bandcamp de Mary Lattimore
    • Iko Cuyagua

      Iko Cuyagua

      |
      A banda Iko Cuyagua fórmase en Madrid en 2012 con algúns dos membros de Cosmonauta e paulatinamente van incoporándose novos músicos até completar a aliñación actual. En 2019 é unha das bandas gañadoras do concurso de Estudios Mans (Fundación Paideia) e pasan a formar parte do cartel Sinsal no Museo do Mar de Galicia. En 2014 gañan xunto a outras bandas o concurso Converse Make Noise e quedan tamén semifinalistas no Proyecto Demo de Radio 3. Tras publicar en redes os EPs, “Grabaciones de verano” (2013), “Alacranes y otros bichos” (2014) e “Catálogo de nuevas bestias” (2016), o seu primeiro longa duración ve a luz en 2017: “Radio Barquisimeto Tropical”. Unha proposta de viaxe sonora a través do dial dunha emisora venezolana inventada. Un album de marcado carácter bailable e festivo, que fusionaba pop, electrónica e ritmos tropicais, reivindicando o baile e a alegría como as únicas armas da xente común para sobrevir nun mundo hostil.

      Páxina facebook de Iko Cuyagua
    • Lady Lykez

      Lady Lykez

      |
      De Londres chega o hip hop de Lady Lykez. Desde que en 2012 se dera a coñecer nos festivais de Leeds e de Reading no escenario da BBC para artistas revelación, a británica afianzou o seu persoal estilo como rapeira, influído tamén pola súa relación coa percusión, cunha voz que abala entre a levitación e a turbulencia, que recolle o seu vínculo co grime e o dancehall, e que, ademais, revélaa como unha grande cantante. O seu último traballo é o EP titulado "Muhammad Ali".  

      Lady Lykez ft. Lioness - Muhammad Ali Remix
    • Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne

      Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne

      |
      Coa ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) e Conservatorio Superior de Música de Vigo

      Coa idea de destacar a mención á baía de Vigo na novela 20.000 leguas de viaxe submarino de Verne, a ESAD e o CSM Vigo poñen en pé unha representación teatral cos elementos que definen o mundo do escritor. Na entrada ao espazo escénico os tres personaxes principais, o do Profesor Aronnax, o seu axudante e o arpoeiro (hóspedes do Nautilus), animarán ao público a entrar no interior do mundo subacuático á modo dos teatros de espectáculos de variedades da época victoriana do comezo do século vinte. As personaxes do profesor e axudante están interpretados por mulleres.  A batalla de Rande e os tesouros que agocha a Ría de Vigo serán desvelados neste paseo subacuático conducido pola tripulación do Nautilus, que nos leva a unha viaxe sensorial e ao concepto temporal que nos transmite o mundo baixo o mar. De aí, a importancia de todo o traballo de sonorización desta montaxe, que inclúe os cantos de balea da Vox Balaenae de George Crumb. Ademais, para resaltar o mundo da Revolución Industrial que recrea Verne nas súas novelas, esta peza recorre á estética do steampunk, onde elementos mecánicos mestúranse co vestiario, creando un híbrido entre o humano e a máquina.
  • Domingo 8 setembro
Ir arriba