• Sábado 7 setembro
  • Domingo 8 setembro
    • Deva

      Deva

      |
      Novísima e triunfadora nas redes, Deva Joseph acaba de formar parte do cartel do Sónar Barcelona. Esta artista que acaba de chegar á maioría da idade, con ascendencia inglesa, lanza a súa carreira hai pouco máis dun ano cando colga un video no que versionaba ao rapeiro Travis Scott en “Goosebumps”. En temas como "Bounce", "Checks" e "Nothings Forever", diríxese cara o trap e o dancehall. Un dos ses últimos lanzamentos, “Cupido”, con Recycled J, vai camiño do medio millón de reproducións en youtube. Unha sorte de "trap soul", como ela mesma apunta.

      Canle de Youtube de Deva
Ir arriba