Entradas

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar volve en 2019. Os días 7 e 8 de setembro desenvolverase de novo un evento que nacía o pasado ano en Vigo co obxectivo de poñer en marcha un festival no que a música e o patrimonio marítimo fosen da man, coa complicidade do noso patrocinador principal: SON Estrella Galicia. O sábado 7 de setembro, en horario de 19:00 a 01:30, de pago; o domingo 8 de setembro, a partir das 12:30 con entrada libre até completar aforo.

As persoas que adquiran entrada para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar poderán acceder a unha prevenda exclusiva en 2020 para Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón, Redondela.

COMPRAR ENTRADAS




  • Dous días. Historia. Transmisión. Mar

    Ese é o leiv motiv da segunda edición do Sinsal no Museo do Mar, espazo emblemático situado na parroquia viguesa de Alcabre, deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi no solar dun antigo matadoiro na denominada Punta do Muíño e que mostra e dinamiza desde hai máis de quince anos unha chea de contidos ao redor da riqueza do mar.
    Se no mes de xullo, Sinsal SON Estrella Galicia converte a illa de San Simón nun espazo no que vivir a música en directo de maneira relaxada na boca da Ría de Vigo, en setembro a marca continúa ligada ao patrimonio do mar durante o fin de semana do 7 e 8. Durante os dous días no Museo do Mar de Galicia: diferentes concertos nas súas instalacións, actividades e oferta gastronómica, aproveitando o xardín e a zona exterior desta localización privilexiada da cidade de Vigo. 
  • Edición 2018

    En 2018 pasaron polo Sinsal Museo do Mar: Niño de Elche y Los Voluble, Sunset Rollercoaster, JFDR String Quartet, Baiuca, 16 mm, Vudú, DUAS, Viktor Flores, o brasileiro Castello Branco e a clavecista María del Mar Blanco, estes dous últimos nos estaleiros Cardama e Freire, respeitivamente.