Entradas e horarios

Aquí podes consultar as horas de saída dos barcos de cada embarcadoiro. Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluído na entrada. Se tes dúbidas podes visitar nosas FAQs.

Entradas de día e abonos esgotados! GRAZAS! 

  • O abono Sinsal 2022 é válido para os tres días de festival en San Simón: 22, 23 e 24 de xullo. O abono inclúe o transporte en barco.
  • As entradas de día son válidas para unha única xornada e cada entrada inclúe, ademais do acceso aos concertos secretos na illa de San Simón, o transporte en barco até a mesma desde o litoral.
  • Estableceranse diferentes prezos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída (lembra descargar a autorización de menores aquí).
  • Se vés desde Vigo, lembra que contarás cun concerto extra, cada día, ao desembarcar na illa!
     

Horarios e saídas dos barcos

Os barcos de Vigo sairán do porto (pantalán num. 3 atraque 5), mentres que os de Meirande sairán do Centro de Interpretación de Rande. O horario de volta que se reflicte na táboa é a hora de saída desde San Simón. Lembra chegar ao embarcadoiro cun mínimo de 30 minutos de antelación :) 

DATAEMBARCADOIRO
Venres 22 Vigo (14:45h-22:30h)
Venres 22Meirande (16:15h-21:45h)
Sábado 23Vigo (11:45h-22.30h)
Sábado 23 Meirande (13:15h-21.45h)
Domingo 24Vigo (11:45h-22.30h)
Domingo 24 Meirande (13:15h-21.45h)


Condicións xerais de venda 
Neste enlace podes consultar as condicións xerais de venda de Sinsal SON Estrella Galicia 2022. E, se tes máis dúbidas, tamén podes visitar a nosa páxina de FAQ's, que recollen as consultas máis habituais que recibimos en Sinsalaudio.