• Xoves 25 de xullo
    • Big Joanie

      Big Joanie

      Escenario Buxos Fest Galicia | 16:55
      Unha banda punk, negra e feminista; as británicas Big Joanie poderían ser unhas Ronettes pasadas pola filosofía DIY dos oitenta e as riot grrrl dos noventa. En activo desde 2013, foi o ano pasado cando, nun concerto abrindo para os holandeses The Ex, foron descubertas por Thurston Moore, Eva Prinz e Abby Banks. Dese encontro xorde un selo novo The Day Dream Library Series e un álbum debut titulado “Sistahs”. Temas como a amizade, a melancolía ou a esperanza nun disco lanzado o pasado novembro e recibido con entusiasmo por Rolling Stone, Pitchfork ou The Quietus. As tres integrantes da banda -Stephanie Phillips, Chardine Taylor-Stone e Estella Adeyeri- , alén do escenario, están implicadas en iniciativas como Decolonise Fest, Girls Rock London ou Stop Rainbow Racism, unha campaña para deter o racismo en escenarios LGTB.
    • Lidia Damunt

      Lidia Damunt

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17:45
      Desde Hello Cuca, o grupo que formou coa súa irmá en Murcia hai vinte anos, moitas mudanzas e moitos proxectos na vida de Lidia Damunt. En 2018, novos rexistros, como a canción El Tunel, producida por Hidrogenesse e con toque electrónico (mellor single 2018 segundo Rockdelux); en 2019 lanza o disco “Nacer en marte” e, aínda que residente desde hai anos en Mälmo (Suecia), temos a fortuna de que visite a Illa de San Simón. Neste disco, inspirándose na ciencia ficción, a literatura gótica e a de terror, a artista formula distintas reflexións en forma de cancións pop.
    • Mattiel

      Mattiel

      Escenario San Antón New Balance | 18:55
      A cantante e deseñadora de Atlanta (medrou nunha granxa en Georgia antes de mudarse á capital) chega a San Simón como unha das grandes voces do rock actual; atitude e carisma para unha artista que nos fai pensar na australiana Courtney Barnett e tamén nas estadounidenses Sleater-Kenney.  Ademais de interpretar cancións do seu primeiro disco, publicado hai dous anos con Burger Records, e do EP de seis cancións editado en 2018 co título “Customer Copy”, a norteamericana Mattiel chega a San Simón con “satis factory”, saído do forno no mes de xuño. A primeira visita á península dunha artista en ascensión, que este verán, entre outras citas, participou no Festival Glastonbury.
    • Charlotte Adigéry

      Charlotte Adigéry

      Escenario Buxos Fest Galicia | 20:00
      Co seu novo EP “Zandoli”, a artista Charlotte Adigéry, belga de orixe caribeña, preséntase como unha grande contadora de historias. Descendente da tribu nixeriana Yoruba, que atopou o fin da escravitude na afastada illa de Martinica, no Caribe, Adigéry encontra a súa inspiración nas tradicións musicais dos seus ancestros. Por veces introspectiva, outras intencionadamente enlouquecida, sempre con sentido do humor, o seu traballo “Zandoli” está producido polos responsables do selo Deewee, David e Stephen Dewaele, tamén coñecidos como Soulwax ou 2ManyDJs.
    • FRA!

      FRA!

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 21:05
      Frescura e mocidade nesta banda de Ghana. FRA! fusiona os ritmos tradicionais ghaneses como o highlife con sons máis rockeiros. Músicos moi novos, de vinte e poucos, que participaron no Festival Vis a Vis que cada ano organiza Casa África levando a promotores españois a diferentes lugares de África para que coñezan os talentos musicais desta área. Os artistas gañadores participan nalgúns dos festivais españois máis coñecidos, como Sinsal SON Estrella Galicia.
  • Venres 26 de xullo
  • Sábado 27 de xullo
  • Domingo 28 de xullo
O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. O groso da programación componse de artistas que viran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal SON Estrela Galicia é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis aló de nomes concretos.
Ir arriba