• Xoves 25 de xullo
  • Venres 26 de xullo
  • Sábado 27 de xullo
    • The Venopian Solitude

      The Venopian Solitude

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 13:30
      Chega o son experimental e electropop de Malasia. The Venopian Solitude é un proxecto que se inicia hai unha década baixo o prisma persoal da cantante Takahara Suiko e utilizando as novas ferramentas online para editar e lanzar unha música cunha instrumentación moi orixinal. En 2016 participa na selecta Red Bull Music Academy en Montreal. Takahara Suiko vai ser unha das grandes revelacións para o público do Sinsal SON Estrella Galicia 2019; sen compracencias, música para bater o corazón.
    • Gaye Su Akyol

      Gaye Su Akyol

      Escenario San Antón New Balance | 14:40
      Cantante e antropóloga, chega desde Istambul Gaye Su Akyol co seu toque psicodélico. A artista expande as súas músicas este verán en diferentes cidades europeas co seu segundo disco “Istikrarlı Hayal Hakikattir” (tradúcese como Consistente Fantasía é Realidade), e a súa visión do rock turco, aliñado con sons da cultura arabesca. Gaye Su Akyol é unha estudosa da cultura e música en Turquía, con público xa no ámbito internacional aínda que non ten pensado incorporar repertorio en inglés. Está convencida de que á xente á que lle interesa a súa música, tamén está interesada na cultura e historia turca. Ademais de promover o seu propio selo, Dunganga Records, en 2017 compuxo algúns temas para a BSO de İstanbul Kırmızısı, o último filme de Ferzan Özpetek.
    • Surma

      Surma

      Escenario Buxos Fest Galicia | 16:00
      Surma é Débora Umbelino e chega de Leiria (Portugal). Domina teclas, samplers, cordas, voces e loop stations en sonoridades que fuxen do jazz para o post-rock, da electrónica para o noise e nos levan para paraxes máis ou menos incertas, en atmosferas descoñecidas, pero con moito pracer na viaxe. O seu primeiro disco, "Antwerpen", lanzado a finais de 2017, foi considerado un dos mellores do ano peoa grande maioria dos medios de comunicación portugueses e nomeado para mellor disco europeo do ano (ao lado de traballos de nomes como The XX, Fever Ray ou King Krule). 
    • STUFF

      STUFF

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17:15
      STUFF son considerados os responsables da nova escena do jazz en Bélxica. Unha banda explosiva, ao redor do percusionista Lander Gysenlinck, que colleita un enorme éxito e prestixio, con premios, a súa participación nos principais festivais do país, o convite aos afamados clubs de jazz de Londres. En 2017 publican o seu último disco até a data: “Old dreams new planets” e en 2018 fichan polo selo de Manchester Gondwana. Chegan a San Simón tras a súa actuación no Gent Jazz Festival 2019 (cidade berce do jazz do país), todo un evento en Bélxica.
    • Liniker e os Caramelows

      Liniker e os Caramelows

      Escenario San Antón New Balance | 18:30
      Liniker e os Caramelows é unha banda brasileira formada en 2015 na cidade de Araraquara. En 2016 chamou a atención fóra de Brasil co seu primeiro disco longo “Remonta” e a súa nova Musica Preta Brasileira (MPB). Ao ano seguinte tocan en Europa e triunfan no Primavera Sound 2017 coa súa mestura de potentes temas na procura do puro baile con cancións máis reflexivas, sociais e políticas, como Sem Nome mas con Endereço, sobre o que significa ser muller trans en Brasil. Liniker Barros é a súa cantante e compositora: 2019 é o ano do seu segundo disco: “Goela Abaixo”. A banda está formada por Liniker, na voz, Rafael Barone, no baixo, William Zaharanszki na guitarra, Pericles Zuanon na bateria, Márcio Bortoloti na trompeta e Renata Éssis nas voces
    • Teleman

      Teleman

      Escenario Buxos Fest Galicia | 19:45
      “Family of Aliens” é o título do terceiro disco dos londinienses Teleman; si, os mesmos que en 2018 puñan música e cor a unha campaña da marca sueca Ikea co seu tema “Repeater”. Pop, bailables, electrónicos, de letras fondas, sempre interesantes, neste disco con máis ración new wave e, como non, coa singular e agridoce voz de Tom Sanders como antídoto ao que podía ser o paraiso feliz da melodía. A banda, xurdida en 2012 da outrora Pete and the Pirates, está formada por Thomas Sanders, Jonny Sanders, Peter Cattermoul e Hiro Amamiya. 
    • Michelle David & The Gospel Sessions

      Michelle David & The Gospel Sessions

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 20:50
      Unha diva soul na Illa de San Simón cunha misión: “gospelizar” a audiencia. Un proxecto que comezou cando os músicos Onno Smith e Paul Willemsen, procuraban as raices do gospel e coñecen a Michelle David, coa que xa levan tres volumes editados. O último disco dos estadounidenses: “Michelle David & The Gospel Sessions Vol. 3”. Elegancia nun directo pleno de groove,  na que é a súa segunda incursión europea tras pasar por Londres, Madrid, Berlín e París o pasado ano. O seu obxectivo é que a reacción do público sexa de celebración da súa “mensaxe de amor”.
  • Domingo 28 de xullo
O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. O groso da programación componse de artistas que viran por outros festivais prestixiosos en España e Portugal: desde o Jazz á World Music, do Rock á Música Electrónica, Sinsal SON Estrela Galicia é un festival sen complexos. Por esa razón propón ao público un cartel secreto, unha experiencia musical máis aló de nomes concretos.
Ir arriba