Actividades

No Festival Sinsal SON Estrella Galicia, menos o cartel, cóntase todo. Todos os días do festival, haberá propostas pensadas para todos os públicos e xa está aberta a inscrición nelas a través da plataforma eventbrite. As Sesións San Simón co británico Aleksander Kolkowski incorpóranse ao programa do festival, abertas ao público. Xa podes inscribirte nas actividades a través da plataforma eventbrite; todas son gratuítas, con prazas limitadas, excepto as catas e a escola de kaiak que teñen un prezo de 7 e 3 euros respectivamente, que se abonan na illa. O código de acceso que se vos solicita é o correo electrónico co que mercastes as entradas do festival.




Laboratorio fotográfico “Pegadas botánicas”. Arte y Garabato

Punto de encontro: diante das oficinas do festival. A partir de 5 anos. Xoves 25, 18:00; domingo 28, 15:30 e 17:00. Inscrición AQUÍ

Taller de creación de luminarias de origami  con Violeta Martínez e Alejandra Montemayor

Miradoiro. Prazas: 12 por sesión. Para todas as idades; se ben recomendado a partir de 9 anos. Aberto a menores desa idade acompañados de persoas adultas. Xoves 25, 17:15, venres 26,  18:00, sábado 27, 15:00, domingo 28, 15:00 e 18:30. Inscrición AQUÍ

Escola de kaiak

A partir de 6 anos. Prezo: 3 euros (abónanse no festival). Xoves 25 e venres 26, 17:30 (até 19:30); sábado 27 e domingo 28, 16:00 (até 19:00). Inscrición AQUÍ

Un bosque invertido. Acción con espellos. Arte y Garabato

Punto de encontro: diante das oficinas do festival, e acción no Paseo dos Buxos. A partir de 4 anos. Prazas por sesión: 12. Xoves 25, 19:30 e 20:00; domingo 28, 19:00 e 19:30. Inscrición AQUÍ

Densidade variable. Laboratorio experimental de arquitecturas. Sistema Lupo

2 talleres de 15 prazas domingo 28 (16:00 e 18:30) e área aberta até as 20:00. Illa de San Antón. Recomendado entre 6 e 12 anos. Inscrición AQUÍ

Cata de viño e conservas: 3 harmonías de terra e mar. Galicia.wine con Adega Ponte da Boga e Real Conservera Española

Miradoiro. A partir de 18 anos. Prazas por sesión: 25. Prezo: 7 euros (abónanse no festival). Sábado 27, 13:00 e 16:45; domingo 28, 12:30 e 17:30. Inscrición AQUÍ

Andainas Sinsal SON Estrella Galicia

Punto de encontro: diante das oficinas do festival. Prazas por sesión: 25. Duración: 50 minutos. Orientadas a público adulto. Sesións xoves 25 e venres 26, 18:00. Sábado 27 e domingo 28, 16:00 e 18:00. Inscrición AQUÍ

Recordo gravado: Son en cera con Aleksander Kolkowski. Sesións San Simón

Aberto, non necesita preinscrición. Sesións o xoves 25, 19:00 e 21:00 (Miradoiro), venres 26, 16:30 e 21:00 (Miradoiro), sábado 27 13:00 (Audición na capela) e 16:45 (Cemiterio, San Antón), domingo 28, 13:15 (Miradoiro) e 17:00 (Audición na capela).

 

 

AUTORIZACIÓN MENORES: Se non asinaches a autorización porque adquiriches una entrada de adulto para o menor ou non o tes claro, fai click aquí para descargar o documento e envíaa a festival@sinsalaudio.org ou entrégaa cuberta nos portos de acceso.