Yugen Kala

Héctor e Nico Iglesias son dous xovencísimos irmáns e músicos vigueses que comezaron a súa traxectoria na música gateando polo estudio de  grabación do seu pai, (enxeñeiro de son / produtor musical e propietario dunha sala de concertos). Con 17 anos sorprende a madurez do seu traballo no estudo e a súa aposta sen complexos polos sons abstractos dun tipo deelectrónica pouco convencional.

En febreiro de 2020 editaron o seu primeiro disco, ‘Nothing  is Original’, con 14  tracks en formato  Mixtape quefluctúan entre a  IDM, o  Bass,Grime, a  electrónica escura e o  ambient. O álbum recolleu críticas moi positivas por parte de medios especializados e axentes da industria musical, e foi destacado como un dos discos de electrónica experimental do  ano en diferentes medios.

Actuaron en festivais coma o WOS de Santiago de Compostela, na prestixiosa radio holandesa Red Light Radio e entregaron podcasts para series de mixes comaOfflinemeetingpoint,  Gastemaus, Red Bull Music ou  Blank.