Información

Que ocorre cando nun espazo se reúnen durante varias xornadas unha compañía de escenógrafos, vari@s músic@s clásicos e outros dedicados á exploración sonora de corte máis experimental? As Microresidencias Verbum son o proxecto co que o Festival Sinsal remata este estraño 2020; unha edición ‘Outono’ coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, que muda a proposta habitual escénica de concertos e actuacións con público cara un proxecto a porta pechada, acorde cos tempos que vivimos, de experimentación e investigación arredor do son, a luz, as proxeccións e un espazo integrador e co-protagonista, coma o Verbum de Vigo. Todo elo ó través do traballo colaborativo dunha decena de xoves artistas audiovisuais e músic@s galeg@s.

Nononon.Lab + Carlos Suárez + Macarena Montesinos + Yugen Kala + Rubén Abad + Mateo Mena + Elena Vázquez
 

 

  • Carlos Suárez & Macarena Montesinos

  • Elena Vázquez & Mateo Mena

  • Rubén Abad & Yugen Kala

  • Nononon.Lab