Información

Sinsal Outono é un ciclo de concertos intrinsecamente vinculado á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións. Traslada a esencia de Sinsalaudio e do seu mascarón de proa, o Sinsal da illa de San Simón, á localidade que viu experimentar e crecer a promotora: Vigo. 

O ciclo desenvólvese, coa colaboración do Concello de Vigo, en espazos singulares do municipio, á fin de visualizar propostas únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Nesta ocasión, os recintos escollidos para desenvolver Sinsal Outono son dous centros representativos do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego: o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, o MARCO, ao que Sinsalaudio regresa logo duns anos de ausencia, e o Conservatorio Superior de Música da localidade.
 
Neste 2021 Sinsal Outono regresa cunha iniciativa aberta ao público e ofrece, entre os días 29 de outubro e 2 de novembro, catro xornadas experienciais, nas que aos habituais concertos se incorporan propostas con artes visuais e conferencias grazas tamén ao apoio do Instituto Camões. 


  • Concertos

    O MARCO acolle o domingo 31 os concertos de Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti; e na noite do luns 1 de novembro as actuacións de Henrique Portovedo e de Dead Line.
  • Charlas

    O Conservatorio Superior de Música recolle os días 29 e 2 a vertente divulgativa a través de dúas charlas sobre electroacústica e a dimensión multimedia nas novas creacións sonoras