• Mércores 22 de xullo
  • Xoves 23 de xullo
    • A Senda Circular

      A Senda Circular

      Illa de San Simón (Redondela) | 11:00
      En colaboración coa Fundación Paideia Galiza, o festival presenta a xornada “A senda circular” para o xoves 23 de xullo en San Simón durante todo o día, dirixida a público profesional. O obxectivo, reflexionar sobre a oportunidade de converter os desafíos existentes en espazos de mellora e evolución que nos permitan adaptarnos mellor aos cambios que se aveciñan, creando á súa vez unha economía eficiente e sostible no uso dos recursos, na protección da saúde das persoas, na protección do medio ambiente e do patrimonio cultural e orientada á persecución de obxectivos comúns.  Un reto que abarca temas tan diversos como os relacionados con aspectos ambientais (xestión de recursos, biodiversidade, residuos, cambio climático), sociais (saúde, igualdade, cambio dos patróns de consumo, políticas) e económicos (novos modelos, investigación e transferencia tecnolóxica, igualdade de oportunidades).

      Coa economía circular como eixo transversal, con maior protagonismo por mor da COVD19 na estratexia de entidades e empresas, ao longo desta xornada compartiranse recursos, proxectos, ideas e experiencias co obxectivo de aunar forzas e crear sinerxias e alianzas que nos permitan avanzar e impulsar a sustentabilidade. A economía circular como a mellor das estratexias posibles para a implicación da comunidade local nos eventos culturais.

      Programa
      11:00 a 11:15h Presentación
      11:15 a 13:00h CIRCULARIDADE MOTOR DE CRECEMENTO Fundación PAIDEIA presenta o proxecto Circular LABS. coa participación de Ana Rodríguez Vázquez e Revertia, Fundación PAIDEIA.
      13:00 A 13:30. Mesa Redonda
      13:30 a 15:00h Comida e networking
      15:00 a 16:00h SENDA CIRCULAR. Visita á Illa de San Simón con Iria Vázquez
      16:00 a 18:00h CREANDO CIRCULARIDADE Con Isaac Piñeiro, Clúster de Saúde de Galicia, ECOBAS e Cinbio.
      18:00 a 18:30h ALÉN DO AZUL. Con Sara Carrasco e Silvia Iglesias. Catro Ventos Editora.


      Esta xornada con prazas limitadas está dirixida a artistas, investigadores, deseñadores, xestores culturais, entidades do Sector Social, persoas emprendoras e empresas. Participación a través de convite.
  • Venres 24 de xullo
  • Sábado 25 de xullo
  • Domingo 26 de xullo
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba