- Mércores 22 de xullo
- Xoves 23 de xullo
-
Venres 24 de xullo
-
Marisqueo a pé
Marisqueo a pé
Cesantes | 11:30Marisqueo a pé. Andaina coas mariscadoras da Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela e a asociación de turismo mariñeiro Amarturmar. Participación especial da poeta Dores Tembrás recitando “Cartografía de palabras desobedientes”.
Prazas: 20. Punto de encontro: Lonxa de Cesantes (Redondela). A actividade ten unha duración aproximada de dúas horas e media.
MERCAR ENTRADA -
Andaina polo patrimonio industrial de Meirande
Andaina polo patrimonio industrial de Meirande
Centro de Interpretación de Meirande (Redondela) | 16:45Andaina co arqueólogo Xurxo Constela polo patrimonio histórico e industrial de Meirande (Redondela). Con este experto na historia de Rande e museólogo do Centro de Interpretación, os asistentes poderán coñecer o patrimonio industrial, cultural e humano desta parte do litoral de Redondela. Prazas: 20. Duración da actividade: unha hora e media aproximada. Punto de encontro: explanada Duchess, á altura do cargadoiro.
MERCAR ENTRADA -
A insularidade no cinema
A insularidade no cinema
Centro de Interpretación de Meirande | 18:15Javier Trigales presenta "Fotogramas Illados: breve historia da insularidade no cinema". Alfonso Zarauza presenta "Rodar nas illas: A aventura de ONS". Entrada de balde. Capacidade limitada.
RESERVA PRAZA -
Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio
Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio
Meirande. Escenario SON Estrella Galicia | 20:30A poeta e cantautora galega Laura LaMontagne (Lugo, 1993) forma xunto co produtor e picadiscos PicoAmperio un singular duo no que mesturan cantigas medievais de Martín Códax e textos de Lorca ou Val del Omar con música sintética e ritmos urbanos. Xuntos ofrecen a súa particular visión do folclore despois de pasalo por filtros da electrónica, o hip-hop e o trance até dar con algo totalmente novo. Aforo limitado.
MERCAR ENTRADAS
-
- Sábado 25 de xullo
- Domingo 26 de xullo
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26.