• Mércores 22 de xullo
  • Xoves 23 de xullo
  • Venres 24 de xullo
  • Sábado 25 de xullo
  • Domingo 26 de xullo
    • Concerto Trilitrate

      Concerto Trilitrate

      Mosteiro de Oia | 13:00
      Un trío de Vigo formado por catro persoas: Elena Vázquez, violín, Rubén Abad, guitarra clásica, Marcos Padrón, acordeón, e Laura Iturralde, nas videoproxeccions. Os integrantes de Trilitrate rachan as liñas entre a composición e a improvisación, navegando pola música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock, o noise e a música étnica. Di o xornalista Alberto Leyenda deles: “Contra as convencións e os valados mentais, Trilitrate fai coherente o que parece un disparate: ser hardcore armados cun violín, unha guitarra clásica, un acordeón e un videoproxector; mesturar formación académica con espírito underground; pasar dunha improvisación a un vals ou dunha peza impresionista a unha arroutada heavy metal. Probablemente, o grupo máis orixinal de Vigo”.

      MERCAR ENTRADAS
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba