Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate. O xoves 23 o festival desprázase á Illa de San Simón (Redondela) para unha xornada dirixida a profesionais co título “A senda circular”; as parroquias de Cesantes e Meirande serán os escenarios do evento o venres 24; o patrimonio industrial de Vigo e os Astilleros Cardama, o sábado 25 e o peche, no marabilloso mosteiro de Oia, no mediodía do domingo 26. 
Ir arriba