• Venres 23 de xullo
  • Sábado 24 de xullo
  • Domingo 25 de xullo
    HORA ESCENARIO
    15.00 Escenario Fest Galicia Xacobeo 21-22 Peña
    16.00h Escenario San Simón SON Estrella Galicia Nico Roig
    17.15 Escenario San Simón SON Estrella Galicia Tonina
    18.45 Escenario San Simón SON Estrella Galicia Rigoberta Bandini
    19.45 FEST Galicia Xacobeo 21-22 Víktor Flores
    • Peña

      Peña

      Escenario Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 15.00
      Asumindo a propia dependencia xentilicia como punto de partida, a banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) ten sido capaz de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal. No seu primeiro LP, Carneiro, a pulsión subconsciente da musica popular é representada de xeito ampliado, harmonicamente desbordante e extraordinario.  
    • Nico Roig

      Nico Roig

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 16.00h
      Cantante e compositor de Barcelona, é unha das voces chamadas a dar pulo ao pop catalán. Desde o disco Cantiga do xenoma humà (2011), Nico Roig atopou a súa vertente máis persoal nas cancións, que segue explorando en diferentes formatos e con distintos colaboradores.
    • Tonina

      Tonina

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 17.15
      A proposta de Tonina bebe de moitas fontes estilísticas, desde o funk, o soul e o jazz ata música clásica. Criouse en  St. Louis (Missouri), sendo de orixe afroamericano e  siciliano; uns compoñentes que lle deron un alcance musical incomparable tocando moitos xéneros diferentes, pero facendo que cada un sexa seu.
    • Rigoberta Bandini

      Rigoberta Bandini

      Escenario San Simón SON Estrella Galicia | 18.45
      Rigoberta Bandini é unha artista fabulosamente heterodoxa, capaz de facer belas versións e de lanzar temas ateigados de humor. Reivindicativa e feminista, sutil, bailonga e descarada, a artista escribe cancións para celebrar a vida e atopar un punto común para o todo mundo. 
    • Víktor Flores

      Víktor Flores

      FEST Galicia Xacobeo 21-22 | 19.45
      Xornalista e DJ galego que abandera o son minimalista centroeuropeo, que combina con apuntamentos de dub, pop electrónico ou clásicos disco ou tecno-pop. 
O cartel do Festival Sinsal SON Estrela Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). Desde a primeira edición en 2003, o principal compromiso de Sinsal foi programar artistas que inician a súa carreira musical ou demostrasen unha gran conexión coa creación contemporánea. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsalaudio, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.
Ir arriba