Faqs

Sobre transporte e aloxamento

En 2017 contamos con dous puntos de embarque: a Estación Marítima de Vigo e o Museo de Meirande (Redondela). Á hora de mercar o bono ou entrada do Sinsal Son Estrella Galicia 2017 poderás escoller o porto de saída. A viaxe desde Vigo á Illa de San Simón ten unha duración de 1 hora e desde Meirande 25 minutos.

Escolle a mellor opción en función do teu lugar de orixe e dos teus medios de transporte.

A Estación Marítima de Vigo (Rúa Cánovas del Castillo, 3) atópase no centro da cidade. Non ten perda, de alí parten os barcos para Cangas, Moaña e Illas Cíes.

O Museo de Meirande (Redondela) está localizado no Estreito de Rande, antigua Fábrica do Alemán, a 10 quilómetros de Vigo. Este porto de saída está especialmente recomendado para todas aquelas persoas que vos despracedes en coche ao festival desde o norte de Vigo e Redondela. A continuación explicámosche como chegar:

a) Pola AP9 desde Pontevedra:

1) Cruzar a Ponte de Rande. 2) Tomar a saída 151 da AP9 (Teis-Chapela) dirección N-552. 3) Tomar a N-552 dirección Redondela. 4) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 5) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

b) Desde Vigo:

1) Tomar a N-552 dirección Chapela-Redondela. 2) Pasar a rotonda de Rande dirección Redondela pola N-552. 3) Desviarse á esquerda desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

c) Desde Redondela:

1) Pasar Redondela e tomar a N-552 dirección Chapela-Vigo. 2) 500 metros antes da rotonda de Rande (Ponte de Rande), desviarse á dereita desde a N-552 cara o aparcadoiro de Vieirasa (desvío sinalizado pola organización do festival).

 

Si, a 200 metros do embarcadoiro, na explanada de contedores Vieirasa. Todo o percorrido, desde o desvío na N-552 cara o aparcadoiro estará sinalizado.

En 2017 habilitamos dous portos de embarque: Vigo e Meirande (Redondela) para reducir o uso particular dos automóbiles xa que boa parte do público vai partir de Vigo. Non hai ningún transporte da organización do festival a Meirande (Redondela); pero recordade que o festival ten descontos acordados con Renfe e Iberia así como un acordo cunha empresa de taxis que ofrece prezo pechado no traxecto entre Redondela e Vigo ao público Sinsal.

O festival ten acordos con varios hoteis e camping con desconto se sodes público do festival.

Sobre a viaxe en barco

Desde Vigo aproximadamente unha hora e desde Meirande (Redondela) ao redor de 25 minutos.

 

A organización non se responsabiliza da perda do barco por parte do público. A organización intentará colocar noutro barco a quen perda o seu turno de transporte, pero advertimos que se a seguintes viaxes están completas non podemos comprometernos a buscar unha praza xa que incumpriríamos a capacidade.

Non, a viaxe en barco a San Simón ten un horario de entrada e saída que debe ser cumprido por problemas de capacidade no barco de pasaxeiros.

O festival conta, só para casos de urxencia xustificada, cun barco á disposición do público. Calquera necesidade ao respeito será analizada pola organización.

Sobre o festival

Unha vez adquirida a entrada non será cambiada e non se devolverá o importe. A adquisición da mesma é en firme agás nos casos de cancelación ou cambio de data do evento. As entradas non son nominativas e o posuidor da mesma é o que ten o dereito a acceder ao evento.

Antes de decidir o barco e o horario nos que queredes saír para o Sinsal Son Estrella Galicia, pensádeo ben e lembrade que para a organización non é posible resituarvos noutro barco e horario que o que adquirirades.

Haberá servizo e oferta de comida e bebida en Sinsal Son Estrella Galicia. Teremos varias opcións que iremos anunciando cos seus respectivos prezos, entre elas para vexetarianos e veganos e para persoas con intolerancia ao glute.

En Sinsal Son Estrella Galicia, si está permitido levar comida e bebidas sen alcol.

Moi importante: por razóns de seguridade, a organización ten que rexistrar as mochilas e non estará permitido o acceso á illa con envases de vidro ou latas. Tampouco estarán permitidos garfos, coitelos e navallas de metal –si é posible acceder con servizos de plástico –. Polos mesmos motivos, debemos retirar os tapóns de botellas.

Segundo a lexislación vixente, debemos efectuar un rexistro de mochilas antes de entrar na illa. Para axilizar o acceso, solicitamos aos asistentes que teñan as súas mochilas accesibles e abertas. Grazas pola vosa colaboración!
Ademais, tal e como se fai noutras illas protexidas –Ons ou Cíes– solicitamos a colaboración do público que visite San Simón con comida e recipientes de plástico, recollendo e depositando os desperdicios correspondentes nos contedores de cada porto –Meirande e Vigo –.

Pódese fumar en Sinsal Son Estrella Galicia, pero só nas zonas sinaladas e facendo uso dos cinceiros portátiles. Non se vende tabaco na illa.

 

Podes vir cos teus fillos, claro. Sinsal Son Estrella Galicia é un evento ideal para pasar o día en familia. A organización do festival reserva un cupo de entradas cada día a prezo reducido para menores até 16 anos (incluídos). Lembra que as persoas menores de 16 anos precisan dunha autorización para entrar no festival. Podes descargarla na web do festival e na plataforma de venda de entradas.

Só está permitido tomar fotografías se son realizadas sen afán de lucro e sempre protexendo a intimidade e a privacidade do resto dos asistentes ao evento.

Por motivos de seguridade básicos, non permitimos o baño na illa xa que se trata dunha zona de rochas con mareas cambiantes. Por este motivo, tampouco permitimos o acceso en embarcacións que non sexan as oficiais.

Ao Sinsal Son Estrella Galicia é importante levar roupa cómoda e que permita estar fresco durante as horas de calor e máis abrigado a última hora, cando cae o sol. Moitos dos asistentes traen toallas ou esterillas para poder sentar e tumbarse no chan con máis comodidade. Tamén é importante protexerse do sol con gafas, sombreiros ou crema protectora.

Hai un punto de obxectos perdidos nas oficinas de administración. Podes escribirnos un e-mail a info@sinsalaudio.org co asunto: OBXECTO PERDIDO

Claro que é posible. Desde a viaxe en barco até a mobilidade polo festival, a organización atenderá puntualmente os casos. É moi importante poñerse en contacto con nós no e-mail info@sinsalaudio.org co asunto “PÚBLICO MOBILIDADE REDUCIDA”.

Sinsal Son Estrella Galicia é un evento con aforo limitado e os concertos poden ser desfrutados con comodidade. Hai baños específicos para público con mobilidade reducida e pódese acceder a todos os puntos da illa por camiños ou rampas. Algúns camiños son irregulares pero desde a organización facilitaremos os desprazamentos con persoal exclusivo.

Dirixirse ás nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación.