Si, as entradas para o sábado 23 de xullo no Sinsal Son Estrella Galicia rematáronse na madrugadada do 28 de abril. E estamos moi contentos por toda a confianza que o público deposita no festival. As entradas de día do festival puxéronse á venda o 15 de abril na plataforma ticketea. Tamén están esgotados os bonos para os 3 días e os bonos de venres e sábado.

E diredes, agora que? Ben, pois agora queda a posibilidade, se queres estar o sábado 23 na Illa de San Simón (Redondela) de viaxar en goleta coa colaboración de Bluscus Turismo Marinero ou de adquirir o pack camping en colaboración co Camping Cesantes. Consulta todos os detalles na nosa web e na plataforma ticketea.

E, se non, non te deprimas. O venres 22 de xullo con 5 concertos e o domingo 24 con 8 concertos ademais de actividades famliares, serán días redondos do festival. Até o 18 de xullo aínda podes mercar as entradas de venres e domingo a prezo promo, 30 e 45 euros respectivamente.  O domingo 24, xornada de peche do festival, 2 dos 8 concertos programados pertencen ao cartel do sábado.