Programa
-
Viernes 22 de julio
HORA LUGAR 16:00 San Simón SON Estrella Galicia Músculo! 17:00 San Simón SON Estrella Galicia QUINQUIS 18:10 Buxos Xacobeo 21-22 Sebastián Cortés 19:20 San Simón SON Estrella Galicia Lido Pimienta 20:30 Buxos Xacobeo 21-22 Candeleros 21:30 Buxos Xacobeo 21-22 FONKID -
Músculo!
Músculo!
San Simón SON Estrella Galicia | 16:00Dez anos de traxectoria, con directos contundentes e sen fisuras en grandes festivais de España e Portugal, avalan a traxectoria de Músculo! A banda, conformada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago, Javier Burela e Nicolás Nieto nace en 2012 co obxectivo de mesturar instrumentos analóxicos con electrónicos para dar vida a novas texturas e estilos. Músculo! Acolleu as novas tendencias sen medo a explorar múltiples sonoridades e a súa evolución musical dirixiuse cara a electrónica máis bailable. No ano 2020 o grupo foi recoñecido co Premio Martín Códax da Música Electrónica e, na actualidade, traballan no que será o seu segundo LP
-
QUINQUIS
QUINQUIS
San Simón SON Estrella Galicia | 17:00QUINQUIS é o nome do novo proxecto musical da francesa Émile Quinquis, que neste 2022 debuta en solitario coa públicación do seu LP ‘Seim’ acompañada polo produtor Gareth Jones (Depeche Mode, Liars, Apparat). A artista, que anteriormente formou parte de Tiny Feet e que é telonera de Yann Tiersen na súa actual xira, fai un punto de inflexión na súa traxectoria para representar un novo inicio. Con QUINQUIS amosa unha conexión máis fonda coa súa cultura, historia ou identidade bretona –lingua na que canta- até chegar a novos territorios sonoros. Neste sentido, ‘Seim’ é unha obra na que a natureza torna protagonista coma elemento fundamental.
-
Sebastián Cortés
Sebastián Cortés
Buxos Xacobeo 21-22 | 18:10O mozo madrileño é unha das novas voces do pop estatal emerxente. Co seu primeiro álbum, ‘Canciones que hice en mi habitación’ (escrito, interpretado, gravado e producido por el mesmo), Sebastián Cortés liderou a vaga do chamado ‘Bedroom pop’. No Sinsal SON Estrella Galicia presenta un avance do que será o seu seguinte traballo, que evoluciona cara un sonido unicamente pop, e do que xa se coñecen os sinxelos ‘nunca lo hicimos’ e ‘Todo ha cambiado para siempre’.
-
Lido Pimienta
Lido Pimienta
San Simón SON Estrella Galicia | 19:20Cantante e compositora colombiana, residente en Canadá e gañadora do Polaris Music Prize canadiense polo seu segundo LP, ‘La Papessa’. Nas súas cancións destaca a exploración e análise de cuestións como a discriminación por xénerico, a maternidade ou a identidade latina en territorios alleos. Musicalmente, Lido Pimienta combina elementos de raíz tradicional, con acento afrocolombiano, con outros que proceden da electrónica e o pop sintético contemporáneos. Chega a Europa no marco da súa xira Payasa Tour e, logo de visitar La Mar de Músicas (Cartaxena), San Simón é a súa única parada galega para presentar ‘Miss Colombia’: un album sen corpiños e no que expande a narrativa sobre a súa dobre identidade colombiano-canadiense, ao tempo que establece unha nova e ambiciosa paleta sonora.
-
Candeleros
Candeleros
Buxos Xacobeo 21-22 | 20:30O baile frenético e cumbia aterran este 2022 en San Simón da man de Candeleros, banda madrileña formada con músicos que proceden de Colombia, España e Venezuela. No ADN deste sexteto polifónico atopamos cumbia, chica e salsa tradicional mesturados con tribalismo afrocaribeño, dub, psicodela contemporánea ou latin jazz. Unha proposta atrevida, divertida que exemplifican no seu novo disco, Buku o Muerte, que confirman a Candeleros como un dos proxectos musicais máis singulares da cumbia a nivel global.
-
FONKID
FONKID
Buxos Xacobeo 21-22 | 21:30Recoñecido selector galego que rende culto á música disco en todas as súas vertentes, desde a máis apura até a dos edits actuais dos clásicos discoides, viaxando polo Italo e o Balearic mais sen esquecer o House clásico.
-
- Sábado 23 de julio
- Domingo 24 de julio
- Lunes 25 de julio
Sinsal es un festival impulsado por Sinsalaudio. La trayectoria de la promotora, la singularidad del evento y el espacio natural en el que se desarrolla son un sello de calidad.