Programa
- Viernes 22 de julio
-
Sábado 23 de julio
HORA LUGAR 12:55 Buxos Xacobeo 21-22 Magia Bruta 14:00 Buxos Xacobeo 21-22 Haepaary 15:20 San Simón SON Estrella Galicia Clara Peya 16:40 Buxos Xacobeo 21-22 Julián Mayorga 18:00 San Simón SON Estrella Galicia Ben LaMar Gay 19:15 Buxos Xacobeo 21-22 Os Amantes 20:30 San Simón SON Estrella Galicia TootArd 21:30 Buxos Xacobeo 21-22 Fixemberg 16:00 - 17:30 Santo Antón Santo Antón Acústico | Concerto das Donas -
Magia Bruta
Magia Bruta
Buxos Xacobeo 21-22 | 12:55A compositora e produtora Isabel Fernández (Charades, Aries) e a baterista e cantante Aida Torres (Lisäbo, Jupiter Jon, colectivo bIDEhUTS) únense neste novo proxecto musical que dá lugar a unha emocionante vaga de harmonías e experimentación instrumental. ‘Un día nuevo’ é o álbum debut do dúo, un traballo no que Fernández confirma o seu valor como autora dunha enorme calidade que explora o pop, a electrónica, ou o minimalismo. O disco é unha celebración da alegría e da lástima ás que Magia Bruta enfronta: alén dos clichés e corpiños, a carta de presentación do grupo son dez temas rebordantes de honestidade.
-
Haepaary
Haepaary
Buxos Xacobeo 21-22 | 14:00Deste dúo din que rompe as regras da tradición. A mestura entre os instrumentos tradicionais coreanos e as sonoridades electrónicas dan como resultado unha proposta que reformula os ritmos contemporáneos do país asiático: Haepaary reinterpreta as músicas do santiario real de Jongmyojeryeak e o Namchan Gagok, a tradición oral que sempre foi interpretadas por homes. A música de Haepaary achegase ao techno alternativo, ao ambient, ao dream pop. A instrumentista Hyewon e a cantante Minhee visitan por vez primeira a illla de San Simón cunha proposta singular para facilitar o transo a través da escoita e do baile.
-
Clara Peya
Clara Peya
San Simón SON Estrella Galicia | 15:20Pianista prolífica e transgresora. Inquieta, visceral e trascendente, Clara Peya entende a arte como ferramenta de transformación social: así, foi recoñecida co Premio Nacional de Cultura de Catalunya 2019 pola súa traxectoria e compromiso social. Co piano como centro de gravidade e cunha personalidade artística torrencial, musicalmente é inclasificable. Conta cunha impresionante traxectoria e once discos ás costas e no Sinsal presenta ‘Periféria’, inspirado nos espazos de paso, nas marxes, no que non se quere amosar. Peya propón poñer o foco neses non lugares, espazos baleiros ou baileirados; mais tamén unha viaxe ás fronteiras do son.
-
Julián Mayorga
Julián Mayorga
Buxos Xacobeo 21-22 | 16:40O polifacético artista aterra en San Simón para levar ao público até a súa Colombia natal. Logo de sete anos observando o mundo dende Madrid, Mayorga emprende unha viaxe de volta cara as súas orixes na musical terra de Tolima no seu último traballo, ‘Cuando tengo fiebre veo la cabeza de un leopardo magnífico’. O disco pon de manifesto a excepcionalidade dun particular e prolífico creador que atrapa ao público coas súas guitarras, teclados, poesía surrealista e cumbia.
-
Ben LaMar Gay
Ben LaMar Gay
San Simón SON Estrella Galicia | 18:00Desde Chicago chegan os sons do jazz progresivo deste compositor, multiinstrumentista, cantante, poeta e ecléctico erudito. Ben Lamar Gay é un dos autores máis orixinais e prolíficos da comunidade creativa da cidade estadounidense. A súa música, emotiva, enérxica e fiada polo folclore, non limita con ningún xénero: máis ben propón unha variedade radical de son, cor e espazo. Lider de Bottle Tree, e integrante de Highly Rare de Makaya McCraven ou Fly or Die de Jaime Brahc, Lamar colabora con numerosas bandas e sobre o escenario reborda talento. Logo de visitar San Simón, o público poderá gozar da súa música no festival Jazzaldía.
-
Os Amantes
Os Amantes
Buxos Xacobeo 21-22 | 19:15Proxecto conformado por Strobo e Jaloo a raíz dun convite que o festival brasileiro Se Rasgum lanza no ano 2016. Dous anos máis tarde, o trío crea o seu primeiro tema, Os amantes, que dá nome forma a unha proposta na que o amor é un tema central que se reflicte tanto na lírica coma na composición. Musicalmente Os Amantes abranguen diferentes estilos e facetas da música pop, froito dunha extensa traxectoria creativa. Sen dúbida, a mestura entre Jacoo (voz), Leo Chermont (guitarra) e Arthur Kunz (percusións e programación) é apaixonante.
-
TootArd
TootArd
San Simón SON Estrella Galicia | 20:30Os irmáns Hasan e Rami Nakhleh son TootArd. O grupo, orixinario dos Altos do Golán, atópase no medio da xira internacional de presentación do seu álbum ‘Migrant Birds’ e actúa por primeira vez en España no marco do Sinsal SON Estrella Galicia. O disco é homenaxe ás pistas de baile dos anos 80 de Oriente Próximo. Sintetizadores de cuarto ton, percusións e melodías pop levarán ao público de San Simón a percorrer unha dinámica viaxe polo tempo até aterrar no medio dunha discoteca de Beirut ou El Cairo de hai tres décadas.
-
Fixemberg
Buxos Xacobeo 21-22 | 21:30DJ set.
-
Santo Antón Acústico | Concerto das Donas
Santo Antón Acústico | Concerto das Donas
Santo Antón | 16:00 - 17:30Grupo instrumental de cámara especializado na interpretación de obras de mulleres compositoras de todos os tempos. Liderado pola violinista galega María José Pámpano, o ensemble ofrece en acústico, e unicamente para o público do Sinsal, un avance en exclusiva do seu próximo proxecto que indaga na obra da compositora norteamericana Caroline Shaw (1982), integrado por pezas musicais que soarán por vez primeira en España e Portugal. Unha oportunidade única para mergullarse no interior dun cuarteto de corda e deixarse mecer pola música na illa de San Simón.
Seis pases: 16:00, 16:15, 16:30, 16:45, 17:00 e 17.15 horas.
-
- Domingo 24 de julio
- Lunes 25 de julio
Sinsal es un festival impulsado por Sinsalaudio. La trayectoria de la promotora, la singularidad del evento y el espacio natural en el que se desarrolla son un sello de calidad.