Rubén Abad

Vigo, 1982. É un guitarrista e profesor formado no Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

Participa dende os seus comezos en formacións de rock experimental coma Cró! (Premio Martín Códax de música en 2014 e 1º premio do Festival Internacional Villa de Bilbao en 2013) e Es un Árbol, así coma do ensemble de corte camerístico Trilitrate e do trío Peña. No ano 2010 forma parte da fundación do colectivo Metamovida e pertence á orquestra de improvisación libre dende entón como instrumentista e un dos directores. Tamén colaborou en gravacións e xiras xunto a Guerrera, Marrones Burócratas, Capitán Bazofia, Fajardo, A Veces Ciclón... Publicando mais de 20 discos ata a data e participando en distintas xiras estatais e internacionais. Dende 2019 funda xunto a Montse Piñeiro o proxecto Alifáfaro, orientado cara o terreo audiovisual compoñendo bandas sonoras.