Macarena Montesinos

Vigo, 1982. É violoncellista, improvisadora, artista visual e investigadora no campo da arte sonora. Actualmente é persoal docente investigadora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo, onde estudia a relación que existe entre as partituras gráficas, a improvisación sonora e a arte de acción.

Integrante dos grupos de improvisación sonora 23RedAnts, do cuarteto de corda Suelen Estar Quartet, do trío Fonogenia e do dúo de sonorización en directo de cine 16mm. 

Membro das orquestras de improvisación dirixida Metamovida, OMEGa (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) e da Orquestra Galega de Liberación. Música de longa traxectoria, participou, neste último ano, no Festival de Cine Filmadrid, en Tabakalera Donostia, no MUSAC, e en concertos didácticos impartidos en museos como o CGAC ou o MUNCYT de A Coruña. Hoxe en día ten máis dunha ducia de discos publicados en selos discográficos europeos e americanos.