Carlos Suárez

Compositor, etnomusicólogo e percusionista. Ourense 1968. No ano 1972 emigra coa súa familia a Venezuela. Estuda composición orquestal no conservatorio Lamas, Caracas, composición electroacústica e síntese modular no Conservatorio de Música Simón Bolivar, Caracas e o LIEM Madrid.  Licenciado en etnomusicoloxía (FUNDEF) e master en composición electroacústica (IUDEM). Creou máis de 50 obras acústicas e electroacústicas. Compuxo para danza, teatro, radio, vídeo, instalacións e recitais poéticos. 

As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena do Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. No ano 2005 gaña en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”.No ano 2005 retorna a Galicia, dedicándose enteiramente ao seu traballo como compositor e concertista, e traballa con parte do colectivo escoitar.org.