• Viernes 23 de julio
  • Sábado 24 de julio
    • Marco Maril

      Marco Maril

      Enseada Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 12.00
      Músico, técnico de son e deñador sonoro para proxectos audiovisuais e multimedia, Marco Maril é un dos creadores máis singulares do panorama galego. Logo de máis de 20 anos publicando traballos baixo distintos nomes (Apenino, Dar Dar ful),  Marco estrea en primicia neste Sinsal Esencial o seu novo disco, 15.11.18, asinado por el mesmo. 
    • Mariagrep

      Mariagrep

      Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 17.00
      Próxima á inocencia naif máis fráxil e da sensualidade máis acesa, o debut de mariagrep posiciónaa como unha rara avis no universo dunha canción pop de dormitorio, pero que pretende cazar texturas propias da electrónica, do r&b, do neo-soul ou dun indiepop absolutamente confesional e xeracional.
    • Tarta Relena

      Tarta Relena

      San Simón SON Estrella Galicia | 18.00
      Tarta Relena nace o 2016 como un proxecto de dous cantantes para explorar as sonoridades de diferentes estilos de músicas  vocais. Lonxe de querer crear unha marca tradicional ou de definir a mediterraneidade, Tarta Relena quere facer seu un repertorio que vai desde músicas de tradición oral ata cancións de autor que dunha maneira ou outra se relacionan coa área xeográfica do  Mediterráneo.  
    • Siricaia

      Siricaia

      San Simón SON Estrella Galicia | 19.15
      Siricaia nace en 2019 e son un dúo aveirense constituído por Susie Felipe e Vítor Hugo. Dos ritmos tradicionais portugueses até o jungle swin, con percusións portuguesas e guitarras eléctricas travestidas de cavaquinho, Siricaia explora diversas influencias artísticas na procura de novas repostas para cuestións antiguas. 
    • Whales

      Whales

      San Simón SON Estrella Galicia | 20.30
      Unha banda imprescindible no mapa da música alternativa portuguesa pola súa carismática identidade, vibrante e experimental. A música de Whales é o nexo perfecto entre o rock e a electrónica. Cunha enerxía frenética e  incandescente, os seus directos non decepcionan, tal e como poderá comprobar o público do Sinsal Esencial SON Estrela Galicia.

    • Akazie

      Akazie

      Fest Galicia Xacobeo 21-22 | 21.30
      Con formación musical clásica, a viguesa Akazie profundiza na electrónica ao graduarse en Belas Artes, onde amplifica o seu interese polas artes sónicas e a música deconstruída. Coma un proxecto de investigación maioritariamente enfocado na escena postclub, os seus sets albergan un espectro sonoro baseado na electrónica percusiva recollendo influencias de distintos ritmos e harmonías de sonoridades como as lusófonas ou árabes, convivindo con matices neo e industriais, e articulándose entre o groove e o experimental.
  • Domingo 25 de julio
El cartel del Festival Sinsal SON Estrela Galicia es secreto. El público no sabe que grupos va a ver hasta que desembarca en la Isla de San Simón (Redondela), en el corazón de la Ría de Vigo. 
Ir arriba