(Galego) Sinsal Son Estrella Galicia, nominado nos Premios Fest 2016

Sorry, this entry is only available in Galician. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Se 2015 foi un gran ano para o Festival Sinsal Son Estrella Galicia e para a promotora Sinsalaudio, boa parte da culpa foi dos Premios Fest. A finais do mes de outubro do pasado ano, o #SinsalSonEG foi galardoado como mellor Festival español de Formato Pequeño con motivo do Congreso de Festivais que se celebra no marco do Bizkaia International Music Experience (BIME).

En 2016 Sinsal Son Estrella Galicia volve a participar nos Premios Fest, que teñen unha primeira fase de votación popular para dirimir os finalistas. As categorías nas que está nominado o #SinsalSonEG son:

-Mellor Festival de Pequeno Formato
-Mellor Festival Sostible
-Mellor Campaña de Comunicación
-E….(este fainos especial ilusión) Mellor Festival en relación á Igualdade e Diversidade de Xénero. Esta categoría está promovida por MIM ( (Mujeres de la Industria de la Música). Grazas polo apoio que nos presta a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Podedes votar até o 9 de outubro aquí.  A entrega dos terceiros premios Fest terá lugar no marco do BIME en Bilbao o 26 de outubro.

Buscade nas categorías os outros festivais feitos en Galicia porque hai unha importante e variada representación: WOS Festival SonRías Baixas Atlantic Fest PortAmérica O Marisquiño Festival Noroeste Estrella GaliciaNordestazo Rock RESURRECTION FEST #RockinCarballo #+QueJazz, Revenidas.