Tickets, timetable and boats

Desde esta páxina poderás adquirir as túas entradas de Sinsal. Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluido no prezo e que o cupo de abonos, entradas para menores de 16 anos e descontos para usuarias de Carné Xove é limitado.

Tes dúbidas? Consulta as nosas FAQs

ABONOS SINSAL 2020 ESGOTADOS!
 

O luns 30 de maio, a partir das 11.00 horas, podes adquirir en Enterticket as túas entradas de día para Sinsal SON Estrella Galicia 2022. Serán tres xornadas de contacto coa natureza e de directos estimulantes, con propostas musicais contemporáneas e diversas en canto a estilo e orixe das bandas. 

As entradas de día son válidas para unha única xornada e cada entrada inclúe, ademais do acceso aos concertos secretos na illa de San Simón, o transporte en barco até a mesma desde o litoral. Como é habitual no Sinsal, estableceranse diferentes prezos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída. No caso de Vigo, a entrada ofrece a oportunidade de gozar dun concerto extra, cada día, ao desembarcar na illa!
 

  • Venres 22: 40€ (+gx) desde Vigo, 35€ (+gx) desde Meirande. Menores de 16 anos: 12€.
  • ESGOTADAS! Sábado 23: 50€ (+gx) desde Vigo, 45€ (+gx) desde Meirande. Menores de 16 anos: 15€.
  • ESGOTADAS! Domingo 24: 50€ (+gx) desde Vigo, 45€ (+gx) desde Meirande. Menores de 16 anos: 15€. 

    *O prezo das entradas será reducido até o 4 de xullo (podes descargar a autorización de menores aquí)
     

Horarios e saídas dos barcos

Os barcos de Vigo sairán do porto (pantalán num. 3 atraque 5), mentres que os de Meirande sairán do Centro de Interpretación de Rande. O horario de volta que se reflicte na táboa é a hora de saída desde San Simón.
 

DATAEMBARCADOIRO
Venres 22Vigo (14:45h-22:30h)
Venres 22Meirande (16:15h-21:45h)
Sábado 23 (esgotadas)Vigo (11:45h-22.30h)
Sábado 23 (esgotadas)Meirande (13:15h-21.45h)
Domingo 24 (esgotadas)Vigo (11:45h-22.30h)
Domingo 24 (esgotadas)Meirande (13:15h-21.45h)


DESCONTO CARNÉ XOVE
Este ano Sinsal SON Estrella Galicia incorpora a posibilidade, grazas á colaboración que a Asociación de Festivais de Galicia mantén coa Xunta de Galicia, de que as persoas usuarias do Carné Xove poidan optar a un desconto do 15% sobre o prezo inicial á hora de adquirir os abonos ou entradas. O cupo de compras será limitado ao primeiro cento das mesmas.

CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA
Neste enlace podes consultar as condicións xerais de venda de Sinsal SON Estrella Galicia 2022. E, se tes máis dúbidas, tamén podes visitar a nosa páxina de FAQ's, que recollen as consultas máis habituais que recibimos en Sinsalaudio.