Cashless

Se che quedou carga na pulseira cashless e queres solicitar devolución, tes desde o martes 30 de xullo ás 12:00 ao martes 13 de agosto á mesma hora. O importe pode tardar en facerse efectivo na túa conta varios días, por cuestións operativas de cada banco. 

Como funciona?

A pulseira é o único método de pago e debe estar en perfecto estado. Se a perdedes ou rompedes, non é reemprazable. Un sistema áxil e seguro; podedes recargar antes e durante o festival.

Antes do festival

Podedes cargar a pulseira través da web. Cunha tarxeta bancaria podedes xa decidir o voso gasto, mostrar o código de compra cando cheguedes a embarcar e accededes ao festival coa pulseira cargada. Durante a viaxe en barco, o persoal do festival tamén fará recargas. Aforraredes esperas nos puntos de recarga da illa.

Durante o festival

A carga pode facerse da mesma forma, co voso teléfono ou nas oficinas do festival, onde podedes cargar con tarxeta ou efectivo. Así mesmo podedes saber sempre o voso saldo a través do persoal das oficinas e das barras cando ides consumir. Na Illa de San Simón non hai caixeiros.

Despois do festival 

Se cando abandonedes o festival, queda carga na pulseira, podedes solicitar a devolución durante dúas semanas a través da web do festival. Non tiredes as pulseiras ao peche do festival, ides necesitar o código se queredes solicitar devolución de cartos! Está na parte traseira do chip. Atención, se operades cunha conta estranxeira e solicitades a devolución dun importe pequeno, a comisión bancaria pode ser superior ao importe.

O prazo de devolución: a partir do martes 30 de xullo ás 12:00, até o martes 13 de agosto ás 12:00. O importe da devolución pode tardar en facerse efectivo na túa conta varios días, por cuestións operativas de cada banco.