Mateo Mena

Mateo Mena é músico e constructor de instrumentos electrónicos. 

Formado en composición, enxeñería electrónica e construcción artesanal de instrumentos musicais, desenrolou deseños no campo da electrónica analóxica, creando esculturas sonoras, novos instrumentos musicais, dispositivos sónicos con tecnoloxías obsoletas e incluso insectos eléctricos. É parte activa do colectivo independente galego ‘Metamovida’, colaborando habitualmente coa agrupación de música contemporánea ‘Vértixe Sonora’. Participou en festivais coma "BZZZ International Sound Art Festival" (Suecia), No Noise (Portugal), Maker Faire Berlin, WOS Festival, Curtocircuíto ou Festival TESLA, entre outros.