Entradas Sinsal Litoral

A partir do mércores 8 de xullo xa podes mercar as túas entradas para os diferentes eventos de Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do 22 ao 26 de xullo. Lembra que a capacidade de todos eles é limitada e consulta as normas de seguridade sanitaria no menú principal da web. Debido a capacidade reducida dos eventos, só dous concertos do festival reservan un pequeno cupo de entradas a prezo reducido para menores de 16 anos.

MÉRCORES 22 DE XULLO
21:30. Concerto Rodrigo Cuevas 
Castelo de Soutomaior. Escenario Turismo Rías Baixas

Prezo: 15 euros + gastos xestión

 

VENRES 24 DE XULLO
11:30. Marisqueo a pé 
Cesantes (Redondela)

Prazas: 20

Prezo: 8 euros + gastos xestión

 

17:00.  Andaina co arqueólogo Xurxo Constela polo patrimonio histórico e industrial de Meirande (Redondela). 
Prazas: 20 
Prezo: 5 euros + gastos xestión

 

20:30 Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio 
Meirande. Escenario SON Estrella Galicia 
Prezo: 10 euros + gastos xestión
Entrada reducida menores 16 anos: 5 euros + gastos xestión

 

SÁBADO 25 DE XULLO

11:30. Andaina polas orixes e a actualidade do Vigo portuario e actuación especial de Modulador de Ondas 
Prazas: 20
Prezo andaina: 8 euros + gastos xestión
Punto de encontro: Praza da Princesa. A actividade ten unha duración aproximada de dúas horas. Ao remate, aqueles participantes que o desexen poden gozar dunha degustación en Viveiros López Novoa. 

Prezo degustación: 7 euros + gastos xestión

(A degustación require un número mínimo de persoas. No caso de non acadalo, procederíase á devolución do pago).

 

21:30 Concerto Los Hermanos Cubero 
Astilleros Cardama (Bouzas, Vigo). Escenario SON Estrella Galicia

Prezo: 15 euros + gastos xestión

 

DOMINGO 26 DE XULLO

13:00 Concerto Trilitrate en Mosteiro de Oia. Escenario Xacobeo 2021-Fest Galicia

Prezo: 10 euros + gastos xestión

Entrada reducida menores de 16 anos: 5 euros + gastos xestión