O espazo

A principal estrela do Festival Sinsal Son Estrella Galicia é a Illa de San Simón (Redondela). O arquipélago foi utilizado ao longo de toda a súa historia como mosteiro, lazareto, campo de concentración na Guerra Civil e residencia militar. Hoxe, San Simón é un espazo público para o desenvolvemento cultural de Galicia, nun enclave recuperado de grande valor patrimonial e ambiental. En 1999 foi declarado Ben de Interese Cultural polo goberno galego e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.

É importante que o que hoxe podemos desfrutar nós, poda continuar no futuro. Por este e outros motivos, Sinsal Son Estrella Galicia afástase da idea de festival multitudinario, ofrecendo unha serie de actividades nun espazo natural onde o público e o seu benestar son un piar central do proxecto. En cada edición, coidamos e desenvolvemos novas medidas de protección para limitar e reducir o impacto do festival na illa.

As Rías Baixas

As Rías Baixas compoñen unha xoia paisaxística e gastrónómica de primeira orde, con algunas das mellores praias de Europa. Son o primeiro destino turístico en Galicia e abranguen desde o Monte Louro en Muros (A Coruña) até a desembocadura do río Miño.

Fantásticas praias, illas atlánticas, paisaxes con historia, cidades nas que disfrutar da actividade cultural e da noite, vilas mariñeiras e gastronomía única regada cun viño propio destas terras.

Se ves ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) tes unha oportunidade única para explorar as Rías Baixas. Recomendámosche que visites a web de Turismo Rías Baixas na que se ofrecen diferentes experiencias e rutas así como información útil sobre transportes, aloxamento e promocións.